|
CANDO
no ano 1978 a revista Vagalume foi obxeto dunha mención honorífica
na concesión doss "Premios da Crítica" dese ano, xa tivemos ocasión
de manifestar o traveso das páxinas do diario "E! Pueblo Gallego"
de Vigo (24/5/78) queó falar de Vagalume había que facelo tamén ineludiblemente
de quen fora o seu creador, impulsor e primeiro director de frito,
aínda que o seu nome non figurase endexamáis nas páxinas da revista:
Xosé María Méndez Domenech .
Agora,
á vista do contido que a Enciclopedia Galega dedica a Vagalume sen
facer nin siquera mención de Xosé María Méndez Domenech. consideramos
unha obriga volver insistir públicamente, en aras da xusticia e da
gratitude, no recordó-da tarefa levada a cabo por Xosé María, espíritu
inquedo e inquedante. loitador infatigable, inflexible na crítica
e autocrítica, as veces obcecado pero sempre xeneroso e aspirante
eterno ó perfecto.
No
febreiro compostelán de 1968 Xosé María ocupóu un lugar destacado
na movilización estudiantil precursora, a lo menos eronolóxicamente.
do maio francés do mesmo ano. Coñeceu a cadea acusado de propaganda
ilegal, pasando meses no caree re de A Coruña.
Durante
máis de dous anos Xosé María Méndez Domenech traballou preparando
a saída da revista infantil Vagá- Lume; foron, segundo él mesmo declaróu
nunha entrevista ó diario "El Faro de Vigo" (12/9/1979), dous anos
"cheos de atrancos burocráticos (eran os lempos do franquismo) e.
para complica-la cousa, eu, un dos principáis promovedores da revista.
tiña sobor de mín unha condea por propaganda ilegal: non podía pois.
comprometer demasiado a posta en marcha da revista. Non interesaba
que o Ministerio soupera que andaba metido nestes pagos".
Nestas
circunstancias Xosé María, nun acto cheo de xenerosidade elixiu, para
funda-la editorial que había de publicar "Vagalume", a catro amigos
cos que frecuentemente compartira as súas ideas e proxectos: Agustín
Bueno Rodríguez. Carmela Iglesias Pérez. Jacobo Rey Goldar y Eloy
Isorna Artime. Son estas catro persoas as que figuran pois como fundadores
de Lumeiro S.A. editora de Vagalume. pero o creador e fundador verdadeiro
da editorial e máis da revista Vagalume, foi Xosé María Méndez Domenech.
A editorial constituíuse no ano 1973 en Santiago de Compostela e foi
inscrita no "Rexistro de Empresas Periodísticas" en novembro de 1974.
O primeiro número da revista apareceu en xaneiro de 1975.
Desde
o primeiro momento contóu "Vagalume" co entusiasmo e colaboración
de escritores como Neira Vilas. Carlos Casares, etc., así como de
coñecidos debu-xantes: Siso, Oitalen, Xiráldez, entre outros. Cabe
destaca-la colaboración de Xosé Navarro creador de "Eugenio" personaxe
que tivo o seu nacemento no ano 1947 nas páxinas do diario EL CORREO
GALLEGO de Santiago e reaparecen en "Vagalume" a partir rio número
catro de revista. Tamen prestaron o seu apoio a "Vagalume" diversas
entidades culturáis de ámbito galego: "Agrupación Cultural O Facho",
de A Coruña: "Asociación Católica de Mestres" desa mesma cidade "Patronato
Rosalía de Castro". "Agrupación Cultural O Galo" de Santiago, "Agrupación
Lanzá de Ribadeo". "Agrupación Cultural Aúnense", de Ourense "Agrupación
Cultural Abrente" de Riva-davia: "Asociación Cultural de Vigo", etc
Tamén
contóu a revista, desde o primeiro número, coa axuda do Instituto
da Lingua Galega da Universidade de Santiago. Esta foi a tarefa de
Xosé María Méndez Doménech, non so puxo en pe "Vagalume" senón que
xunguíu a esa tarefa a tantas persoas e institucións como quedan ditas
e a moitas máis que non é posible mentar, entre elas centos de mestres
e rapaces lectores e colaboradores directos.
Despois
de Domenech fíxose cargo de "Vagalume" Miguel Cuña e posterior mente
Xosé Fortes Bouzán. Aínda que non sexa agora posible facer unha historia
detallada da revista, non quere dicir que non sexa desexable. "Vagalume''
é unha historia que non sé pode esquecer.
Agustín
Bueno Eloy Isorna
|